sindicato-labrego-galego.jpgO MODELO AGRARIO DA COMISION EUROPEA ARRUINARIA UN MEDIO RURAL GALEGO ONDE PREDOMINA A PEQUENA E MEDIANA EXPLOTACI?N

www.sindicatolabrego.com?

Para simplificar a PAC, a Comisi?n Europea propuxo unha v?a t?cnico xur?dica, consistente nunha reduci?n da burocracia; e outra v?a pol?tica, cuxas medidas atentan directamente contra a pequena e mediana agricultura, maioritaria en Galiza, coa ?nica fin de liberalizar os sectores agrarios. Algunhas das medidas m?is prexudiciais ser?n:
  • Desaparici?n dos controis de produci?n, como o sistema de cota leiteira. Isto supor? a desregularizaci?n total do mercado ou, o que ? o mesmo, a aplicaci?n da lei do m?is forte, de maneira que medrar?n as granxas con m?is capacidade financeira para industrializarse, e concentrar?n a produci?n a costa do peche de miles de pequenas e medianas explotaci?ns, pois o medre sen control da produci?n provocar?a a ca?da dos prezos. Isto traer?a consecuencias graves como o aumento do paro agrario, unha agudizaci?n do despoboamento rural, e o abandono da terra cunha das s?as consecuencias m?is destrutoras: os lumes.
  • Desvinculaci?n obrigatoria e total das axudas comunitarias con respecto da actividade agropecuaria. Ao poder cobrarse as primas sen necesidade de producir, abandonar?anse aquelas explotaci?ns que non son rend?beis pola s?a dificultade, como o vac?n de carne na monta?a galega, sector que poder?a desaparecer se aplican as directrices da Comisi?n.
  • Desmantelar a pouca intervenci?n que se practicaba dende a Uni?n Europea (por exemplo, cando a Administraci?n adquir?a leite que non se daba vendido para almacenalo, ou transformalo en manteiga ou po). Isto provocar?a crises peri?dicas no sector e ca?das de prezos cando o mercado non dese absorbido a produci?n, forzando paradas na actividade, para volver repuntar cando o mercado o esixise. A isto non lle poden facer fronte ningunha pequena ou mediana explotaci?n.

En resumidas contas, as intenci?ns da Comisi?n Europea son as de someter ?s actividades agropecuarias a un brutal proceso de liberalizaci?n e industrializaci?n sen ter en conta os tremendos custes medioambientais, sociais e econ?micos que isto traer? canda si.
E para saber como son esas consecuencias na realidade, nada mellor que contemplalas nun exemplo vivo como son as explotaci?ns de vac?n de corte industrial en Estados Unidos. As? o fixo a secretaria xeral do SLG, Lidia Senra, nunha viaxe que durou do 22 ao 30 de setembro, invitada pola Food and Water Watch que a hab?a levar polo rural dos estados de Washington, Oregon e Michigan.
En Washington, Senra visitou Sunnyside, localidade con 12.000 habitantes que conta con 76 explotaci?ns industriais de leite nun radio de 45 quil?metros. Con inmigrantes de M?xico sen papeis e sen contratos como asalaria@s, estas granxas te?en unha cabana gandeira entre 1.000 e 16.000 vacas en moi pouca terra.
Con esta carga gandeira, un elemento com?n na paisaxe agraria son as lagoas de zurro ao aire libre. Por exemplo, Senra viu unha explotaci?n con 450 vacas leiteiras en 30 hect?reas, con catro destas lagoas de zurro, de sete mill?ns de litros cada unha. Amais do zurro, nas lagoas tam?n se acumulan os refugallos de hormonas e antibi?ticos que se lles administra aos animais (a BST empr?gase na produci?n leiteira). Por se non abondase, o leito das lagoas non te?en ning?n tipo de impermeabilizaci?n. Isto xera un fedor insoport?bel, tanto nas granxas como nos seus arredores. En canto aos refugallos s?lidos, amor?anse no exterior, formando aut?nticas monta?as de esterco. Cando chove, as lagoas desb?rdanse e o zurro an?gao todo.
As? as cousas, a contaminaci?n dos acu?feros e do aire total, con regatos de augas negras e 5.000 partes por mill?n de amonio na atmosfera (o nivel permitido ? de 150 partes por mill?n). Isto est? a xerar moitos problemas respiratorios e enfermidades na poboaci?n.
No estado de Oregon houbo unha parada de referencia: a Threemile Canyon Farmer, que ? a empresa produtora de leite m?is grande do mundo, cunhas 50.000 vacas leiteiras. Xunto ? recr?a e ao cebo dos becerros, pode andar polas 100.000 cabezas. A superficie que ten esta empresa ? de 13.670 hect?reas e, ademais das vacas, sementan patacas, cereais e cebolas.
O propietario desta empresa ? Ron Offutt, que ? s?a vez ? o maior productor de patacas do mundo. Vive en Dakota e ten empresas de produci?n agr?cola en doce estados. S? el produce o 50% das patacas para frito do mundo. Na leiter?a traballan 175 persoas, e nas patacas 120. O 90% desta xente ? inmigrante de orixe mexicana, fundamentalmente homes.
No Estado de Michigan hai 55.000 explotaci?ns agrarias, das cales 214 son grandes empresas leiteiras, corenta delas holandesas, de 1.000 vacas para riba. As explotaci?ns familiares que producen en base a herba te?en entre 50 e 100 vacas de media, pero te?en que loitar contra xigantes como a Vreba Hoff, na zona de Hudson, propiedade de dez irm?ns e con d?as granxas con varios miles de cabezas de gando. Nesta granxa, rep?tese o esquema das outras: man de obra inmigrante e barata, e as grandes lagoas de zurro. Neste caso, regan cada acre de terra (1?4 hect?reas) con 2.700.000 litros de zurro ao ano. A contaminaci?n da auga ? tan alta que, nunha medici?n feita durante a visita, deu como nivel de os?xeno 1?5 miligramos por litro, cando se necesita un nivel de 5 mg para que poida haber vida.
Un modelo que non deber?a copiar na Uni?n Europea
Tralo visto, Lidia Senra conclu?u que nos Estados Unidos non existe a competitividade, pois as grandes empresas de leite e carne ga?an moito grazas ? sobreexplotaci?n salarial, a non ter que pagar impostos, ao non respectar a normativa medioambiental, e ao desprezar a sa?de da xente. Ademais, por se non abondase, estas grandes granxas perciben unha cantidade moi importante de axudas p?blicas, e o Estado comp?nsaas cando os valores de mercado non acadan os prezos m?nimos estipulados para as distintas clases de leite. Outra evidencia que ficou desta viaxe foi que a concentraci?n da produci?n provoca a eliminaci?n das explotaci?ns labregas. Vela? a paisaxe agraria que debuxan as propostas de simplificaci?n da Pol?tica Agraria Com?n (PAC) propostas pola Uni?n Europea.
?

More...

Comments are closed.